Translate Traducir Fanyì
Contacto
Master Online Oficial Europeo
Sigue nuestro RSS Siguenos en Facebook Siguenos en Tuenti Siguenos en Twitter Sigue nuestro canal de youtube
13 de Marzo de 2012
ESPANA
estudantes e profesionais as particularidades do lobbying
ADMINISTRADOR | espana
Introducción

nofoto.png

A Facultade de Ciencias da Comunicación será sede o vindeiro mes de abril do primeiro seminario que se vai celebrar nunha universidade pública galega sobre ‘Lobbyng e los Public Affairs’. As dúas xornadas programadas os días 20 e 21 de abril explicarán en que se basa o traballo ‘invisible’ que fan os lobbistas, como actúan os grupos de presión e como se regula este profesión en España. Con esta finalidade na facultade compostelá reuniranse algúns dos profesionais máis reputados do ámbito dos asuntos públicos.

 

O I Seminario ‘O traballo invisible dos lobbistas’ forma parte dun ciclo de conferencia que a consultora Com-Unica Public Affairs desenvolve en diversas localidades españolas sobre novas áreas profesionais para os titulados universitarios. A oferta actual sobre lobbying concéntrase en Madrid, sendo un área académica que os promotores destas xornadas consideran de moita proxección en España xa que este é un país onde aínda non existe unha tradición lobbista como a existente en Estados Unido ou entre outros países comunitarios.

 

O programa deseñado comezará cunha exploración arredor de novas saídas laborais para os estudantes de comunicación, tratando temas de Responsabilidade Social Corporativa, reputación, relaciones institucionais e lobbying. Esta primeira xornada, dará paso na tarde do venres 20 e o sábado 21 pola mañá a unha análise máis detallada para estudantes e profesionais en materia de lobbying, buscando explicar o porqué da existencia dos grupos de presión, en que se basea a defensa de intereses e como se consegue.

 

O seminario rematará coa celebración dun debate o sábado entre reputados lobbistas na procura de ofrecer unha alternativa propia á regulación do mundo del lobbying, actualmente nun estado de alegalidade. Para completar o programa, as persoas que asistan ao encontro poderán participar nunha comida cos relatores (profesionais, periodistas, lobbistas e políticos) de xeito que poidan axudar a crear novos contactos aos alumnos da USC.

 

As persoas interesadas poden atopar máis información no enlace http://www.com-unica.es/index.php/i-seminario-de-el-trabajo-invisible-del-lobbista-una-profesion-en-auge.