

Un equipo do Departamento de Historia e Institucións Económicas da USC dirixido polo profesor Xoán Carmona Badía encargarase de realizar o estudio de investigación sobre la historia da Sociedade Xeral Galega de Electricidade e do sector eléctrico en Galicia dende finais do século XIX ata a desaparición desa empresa en 1955. O mesmo proxecto inclúe as biografías dos principais protagonistas do proceso, así como un estudo dos máis destacados logros da empresa e da súa achega ao desenvolvemento económico de Galicia.
A Sociedade Xeral Galega de Electricidade
A Sociedade Xeral Galega de Electricidade foi unha das primeiras empresas eléctricas de Galicia, constituída en 1900 para a explotación dos saltos da Fervenza (Ferrol) e de Segade (Caldas de Reis). Tras varias fusións e absorcións, nos anos vinte constitúese o primeiro grupo eléctrico galego composto pola Sociedade Xeral Galega de Electricidade e Fábricas Coruñesas de Gas e Electricidade que, cunha importante participación do Banco Pastor, comercializaba máis do 70% da electricidade distribuída en Galicia.
A Sociedade Xeral Galega de Electricidade puxo en funcionamento o salto do Tambre (A Coruña), o máis emblemático e de maior potencia instalada e comezou a tarefa de construír un sistema eléctrico rexional baseado na extensión da rede e a absorción de múltiples empresas de carácter local. En1946, aSociedade absorbe a Fábricas Coruñesas de Gas e Electricidade. Con anterioridade, en 1943 constitúese unha nova sociedade, Forzas Eléctricas do Noroeste S.A. (Fenosa), que será a protagonista do sector absorbendo á Sociedade Xeral Galega de Electricidade en 1955.
A Sociedade Xeral Galega de Electricidade, que contribuíu notablemente á modernización de Galicia, foi a más importante empresa galega do sector ata a posta en funcionamento por parte de Fenosa do embalse das Conchas (Ourense) en 1955.
Fundación Gas Natural Fenosa
Con esta iniciativa, a Fundación Gas Natural Fenosa inicia o seu labor de conservación, investigación e difusión do patrimonio histórico e cultural da industria eléctrica, dando prioridade a Galicia. A isto hai que engadir as investigacións adicionais aos traballos e publicacións realizados en los últimos años sobre la industria del gas.