Translate Traducir Fanyì
Contacto
Master Online Oficial Europeo
Sigue nuestro RSS Siguenos en Facebook Siguenos en Tuenti Siguenos en Twitter Sigue nuestro canal de youtube
27 de Junio de 2012
ESPANA
Polo consumo de produtos audiovisuais en versión orixinal
ADMINISTRADOR | espana
Unha investigación de alcance europeo constata un baixo nivel de comprensión oral do inglés entre estudantes españois.

bOjoPncipSKp.pjpeg

Os investigadores da USC implicados no Estudo Europeo de Competencia Lingüística (EECL) avogan por promover de xeito decidido o contacto dos/as máis novos/as coa lingua inglesa en contextos non formais, especialmente a través de produtos audiovisuais en Versión Orixinal (VO) nos medios de comunicación . "Non hai dúbida que a opción da VO é un medio ideal para impulsar 'ambientes amables de inmersión' en inglés que potencien a comprensión oral e complementen as limitacións que o desenvolvemento desta habilidade formula dentro do sistema educativo", subliña Xosé M. Vez Jeremías coordinador do equipo da USC e catedrático de Didáctica das Linguas Estranxeiras da Facultade de Ciencias da Educación, así como director do Observatorio Atrium Linguarum.
Esta é unha das opcións que os investigadores manexan fronte aos resultados obtidos por estudantes de 4º de ESO analizados sobre as súas competencias coas linguas estranxeiras. Os resultados máis baixos que obteñen o alumnado se concentran na súa competencia para a comprensión oral do inglés, ocupando o penúltimo lugar, despois de Francia. Neste liña, a investigación apunta que o alumnado dos países que encabezan o ranking de mellores resultados en 'listening' posúe un alto contacto co inglés en situacións ambientais fóra do escenario escolar.
A investigación evidencia que tanto o estudantado francés como español analizado -os de resultados máis baixos en 'listening'- teñen un contacto moi escaso coa lingua inglesa en situacións ambientais fóra do contorno escolar. O contacto a través dos medios de comunicación explica un 21 por cento do desempeño en comprensión oral do alumnado, por riba do contacto con persoas próximas que falen o idioma ou de viaxes a países de fala inglesa.
Outros resultados
Igualmente en lingua inglesa, o estudo constatou un elevado nivel en Suecia, Malta, Holanda e Estonia, con máis do 50 dos alumnos nos niveis B -o máis alto- nas tres destrezas analizadas -lectura, escrita e comprensión oral- e Eslovenia moi preto a este porcentaxe.
España, Grecia e Portugal foron os únicos países que elixiron lingua francesa como segunda lingua, sendo España o país que obtén os mellores resultados dos tres. Tamén España obtén os mellores resultados en lectura considerando todos os países que avaliaron francés como primeira lingua, como son as comunidades alemá e flamenca de Bélxica e Inglaterra.